top of page
IMG_8616.JPG

A un clic de distancia é unha exposición de fotografía participativa onde 10 persoas maiores comparten, a través de imaxes, sons e relatos, como a tecnoloxía pode converterse nunha ponte cara á conexión, a autonomía e a inclusión dixital no seu día a día.

Explorando a experiencia dixital

Descubre como as persoas maiores integran habilidades dixitais adquiridas no seu día a día. Comparten os seus desafíos, logros e a importancia da conexión en liña. Acompáñaas nesta viaxe de descubrimiento tecnolóxico e humano.

Testemuñas

Con cada unha destas historias quixemos abrir unha xanela á relación única que cada persoa mantén coa tecnoloxía. Detrás de cada fotografía hai un xesto cotián —un prender as luces, unha viaxe en coche, unha canción en Youtube— que se converte en ponte cara aos demais. Estas son as voces e miradas de quen, con curiosidade e determinación, seguen aprendendo e conectando a través do mundo dixital.

​
 

Pon a proba os teus coñecementos con este breve xogo de preguntas e descubre datos que che farán ollar a tecnoloxía de outra maneira.

Canto dirías que sabes sobre inclusión dixital e persoas maiores?

politicasocial-igualdade-positivo.png
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • TikTok

© 2025 creado por Fundación Esplai.

bottom of page